Traballando nun ordenador con tableta gráfica


Presentación

O Ciclo Superior de "Animación 3D, Xogos e Contornas Interactivos" compóñeno moi diversos campos cun obxectivo común: a formación de profesionais competentes preparados para a súa integración no mercado laboral en postos de iniciación e xeneralistas.

Moitas destas disciplinas aúnanse ao redor do significado máis xenérico da palabra "Animación", entendida como a arte e a técnica de crear a ilusión do movemento con imaxes. Pero outras, con todo, están vinculadas aos termos "Xogos e Contornos Interactivos", e quizá sexan estas disciplinas as menos coñecidas, pero nunca, por iso, as menos importantes.

Na fase final do Ciclo, o aprendido ponse en práctica e avalíase mediante a inserción temporal nunha empresa do sector e a realización dun proxecto final.

Os perfís profesionais que ofrece o Ciclo relaciónanse co mundo audiovisual de moi diversas formas:

1) Tomando como base a animación, xa sexa 2D ou 3D, falamos de animadores, modeladores, intercaladores, grafistas dixitais, editores de contidos audiovisuais e xeradores de espazos virtuais.

2) Se nos referimos a "contornas interactivas", entón falamos de integrador multimedia audiovisual, editor de contidos audiovisuais multimedia interactivos e técnico en sistemas e realización en multimedia.

3) E, finalmente, en "xogos", falamos de desenvolvedor de aplicacións e produtos audiovisuais multimedia.


Habilidades

O mundo da animación, dos xogos e das contornas interactivas é demasiado amplo como para asimilar todos os conceptos e perfís en dous cursos académicos. Sendo conscientes deste feito, considérase que este Ciclo é o principio dunha aprendizaxe para unha futura especialización. Por tanto, ademais dos requisitos oficiais que se solicitan para o seu estudo, recoméndase ter en consideración unha serie de habilidades e/ou aptitudes para profundar máis nestes estudos:

1) Fundamentos de anatomía e actuación, así como de observación.

2) Manipulación dun programa de edición de imaxes.

3) Comprensión de calquera linguaxe de programación.

4) Interese no cinema.

5) Coñecementos de luz e fotografía.

6) Conceptos básicos de física e trigonometría.

7) Capacidade de traballo de calidade.

8) Actitude responsable.

9) Traballo en equipo.

10) Xestión adecuada do tempo.

Na explicación de cada unha das materias, coñecidas como módulos na Formación Profesional, especifícanse estas e outras habilidades con máis detalle.



Materias

Primeiro curso

  • icona de animación
    Animación
  • icona de ddma
    DDMA
  • icona de rpmi
    RPMI
  • icona de paa
    PAA
  • icona de fol
    FOL

Segundo curso

  • icona de cia
    CIA
  • icona de montaxe
    RMON
  • icona de dcim
    DCIM
  • icona de pxci
    PXCI
  • icona de empresa
    Empresa

Durante as prácticas

  • icona de prácticas
    FCT
  • icona de proxecto
    Proxecto

Contacto

I.E.S. Imaxe e Son
Rúa Someso, 6 - 15008 A Coruña
Teléfono: 981 17 31 81
Fax: 981 13 42 24
ies.imaxe.son@edu.xunta.es

Esta web emprega cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información Aceptar