Habilidades
O mundo da animación, dos xogos e das contornas interactivas é demasiado amplo como para asimilar todos os conceptos e perfís en dous cursos académicos. Sendo conscientes deste feito, considérase que este Ciclo é o principio dunha aprendizaxe para unha futura especialización. Por tanto, ademais dos requisitos oficiais que se solicitan para o seu estudo, recoméndase ter en consideración unha serie de habilidades e/ou aptitudes para profundar máis nestes estudos:
1) Fundamentos de anatomía e actuación, así como de observación.
2) Manipulación dun programa de edición de imaxes.
3) Comprensión de calquera linguaxe de programación.
4) Interese no cinema.
5) Coñecementos de luz e fotografía.
6) Conceptos básicos de física e trigonometría.
7) Capacidade de traballo de calidade.
8) Actitude responsable.
9) Traballo en equipo.
10) Xestión adecuada do tempo.
Na explicación de cada unha das materias, coñecidas como módulos na Formación Profesional, especifícanse estas e outras habilidades con máis detalle.