esquina de folio dobrado
icona de animación
Animación de elementos 2D e 3D

Neste módulo, impártense os principios da animación a través de diferentes técnicas: desde as consideradas máis clásicas, como o "stop motion" e "pixilación", ata as que empregan medios dixitais 2D e 3D.

As bases desta aprendizaxe están no dominio da linguaxe narrativa audiovisual, que permite contar historias, e en habilidades técnicas máis específicas como temporizar (ambas clave para que o espectador entenda e se emocione co resultado).

Para chegar ao obxectivo final, faise necesaria a observación do comportamento dos corpos para controlar os seus movementos e entender as súas reaccións físicas. Con tal propósito, faise necesario que o alumno estableza a relación coas ferramentas técnicas, en función do medio no que se traballe, para que lle permitan realizar un traballo de calidade como animador.

esquina de folio dobrado
icona de animación
É importante saber...

Sería conveniente dispoñer dun equipo en casa co que estudar e completar tarefas.

Non é necesario nin imprescindible, pero recoméndase ter coñecementos de interpretación para coñecer como se move cada parte do noso corpo e poder plasmalo nos diferentes produtos que se realicen. Neste sentido, os coñecementos anatómicos poden ser de axuda.

esquina de folio dobrado
icona de animación
Galería
pixilación animación 2D stop motion