esquina de folio dobrado
icona de ddma
Debuxo, deseño e modelado (DDMA)

DDMA é un módulo formativo de carácter fundamentalmente técnico no que determinadas capacidades e habilidades artísticas -visión espacial, debuxo artístico- supoñen unha parte importante da súa práctica.

Neste módulo, realízanse labores de deseño de personaxes, escenario e atrezo. A orientación do módulo pódese levar indistintamente cara ao campo dos videoxogos ou cara ao campo do audiovisual. Así, a parte de deseño supón realizar tanto a planificación e toma de decisións como a xeración dos documentos necesarios para o desenvolvemento posterior de debuxo e modelado. Trátase dunha fase teórica inicial moi importante.

De maneira simultánea á fase de deseño, introdúcese progresivamente aos alumnos no coñecemento, familiarización e manexo da aplicación 3D Autodesk Maya, de maneira que poidan enfrontarse ao debuxo dos seus personaxes e escenarios na fase posterior ao deseño, con coñecemento do que implica debuxar para modelar en tres dimensións e unha valoración inicial das súas posibilidades como modeladores.

A fase de debuxo require habilidades artísticas básicas. Hanse de ter nocións de encaixe, proporción, perspectiva e debuxo (liña, cor, forma e volume) para realizar cun mínimo de calidade a documentación gráfica correspondente a personaxes e escenarios, seguindo as directrices de deseño.

Na fase 3D, os alumnos enfróntanse ao modelado de superficies ríxidas e ao modelado orgánico empregando os seus propios deseños como referencias e diversas técnicas, de aí a importancia dun coñecemento mínimo e básico do debuxo, entre outras razóns.

O módulo complementa a súa formación co traballo con animáticas na introdución de conceptos básicos pero fundamentais de narrativa audiovisual, temporalización en animación, montaxe, postprodución e sonorización.

Ao final deste módulo, os alumnos coñecerán os fundamentos de desenvolvemento e execución inicial básicos dun proxecto da contorna de xogos ou audiovisual e considerarían o sector profesional desde varios puntos de vista.

esquina de folio dobrado
icona de ddma
É importante saber...

Este módulo forma profesionais técnicos, non profesionais artísticos, pero ter nocións ou experiencia en debuxo axuda no desenvolvemento do módulo.

Recoméndase ter acceso a un computador co que poder estudar e completar tarefas.

Tamén sería bo ter coñecementos básicos do uso dunha aplicación de edición de imaxes, xa que supón unha axuda *invaluable na xestión do material gráfico do módulo.

Recoméndase o emprego de medios dixitais de debuxo e tableta dixitalizadora, pero o lapis e o papel son igualmente benvidos.

esquina de folio dobrado
icona de ddma
Galería
personaxe interior personaxe personaxe props