esquina de folio dobrado
icona de empresa
Empresa e iniciativa emprendedora (Empresa)

Neste módulo, preténdese que o alumno poida chegar a ter os coñecementos suficientes para desenvolver a súa propia empresa sen verse na obrigación de traballar sempre por conta allea. Por iso, ao longo de todo o curso, leva a cabo un proxecto empresarial sobre unha idea que teñen que desenvolver eles mesmos.

A finalidade principal é ser conscientes de que calquera alumno posúe a capacidade de levar a cabo os seus proxectos e materializar as súas ilusións. É unha realidade que se pode alcanzar.

Por outra banda, aprendemos que, calquera empresa que se prece, ten unha amplitude de miras máis aló do seu propio beneficio e contribúe, dalgunha maneira, á sociedade.

Habitualmente, presentamos a concurso os proxectos empresariais. Isto sérvenos como experiencia *motivadora e axuda ao desenvolvemento da nosa madurez, xa que hai que tratar con persoas de certa relevancia social, ademais de falar en público, así como a preparación dunha "caseta" para presentar o proxecto.

esquina de folio doblado
icono de empresa
É necesario saber...

Sería conveniente ter coñecementos básicos sobre a situación do sector a nivel galego, así como das tendencias do mercado neste ámbito.

esquina de folio doblado
icono de empresa
Galería
stand na feria empresarial proxectos empresariais cartel para stand cartel do stand co grupo participante participantes no concurso inicia traballos do módulo empresa