esquina de folio dobrado
icona de fol
Formación e orientación laboral (FOL)

O módulo de FOL divídese en tres partes:

1) As relacións laborais, que consisten, principalmente, en diferenciar os elementos do contrato de traballo; distinguir os tipos de contrato; entender os compoñentes dunha nómina; analizar as situacións de continxencias nas que nos podamos atopar como traballadores; e coñecer os distintos tipos de extinción do contrato de traballo.

2) O coñecemento dos riscos laborais do sector a través da elaboración dun plan de prevención dunha pequena e mediana empresa de animación/audiovisual, así como a do coñecemento básico de primeiros auxilios.

3) A elaboración dun pequeno plan de saída ao mercado laboral. Para iso analizaremos as nosas capacidades e habilidades e elaboraremos un "curriculum vitae" e unha carta de presentación. Isto permitiranos realizar unha procura activa de emprego utilizando, entre outras ferramentas, as redes sociais. Este apartado inclúe a importancia do traballo en equipo.

esquina de folio dobrado
icona de fol
Galería
ante unha entrevista de traballo tipos de preguntas rcp primeiros auxilios colocación da máquina de parada respiratoria