esquina de folio dobrado
icona de paa
Proyectos de animación audiovisual 2D y 3D (PAA)

Proxectos de Animación Audiovisual é un módulo introductorio á animación. En certo xeito, parece un caixón de xastre onde se meteu todo o que non "cabía" noutros. Pero a realidade é que é necesaria unha visión de conxunto para sentar as bases técnicas, tecnolóxicas e narrativas, por unha banda, e aprender a presentar e a defender proxectos propios, por outro.

É dicir, o módulo podería dividirse, segundo como se enfoque, en tres grandes áreas: unha técnica-tecnolóxica; outra referida á produción (procesos, orzamentos, dimensión de proxectos); e outra máis directamente relacionada coa presentación, desenvolvemento e defensa de proxectos propios ou colectivos.

Incídese tanto na forma e necesidade de saber desenvolver e *dimensionar os propios proxectos como no espírito colectivo e o traballo en equipo, imprescindible en moitos deles.

esquina de folio dobrado
icona de paa
É importante saber...

É importante ter habilidades sociais e capacidade de traballo en equipo.

esquina de folio dobrado
icona de paa
Galería
exemplo de proxecto exemplo de proxecto