esquina de folio doblado
icono de FCT
Formación en Centros de Traballo (FCT)

O módulo de Formación en Centros de Traballo consiste na realización de prácticas nunha empresa do sector deste Ciclo que pode coincidir con calquera dos perfís profesionais que se imparten.

Ten unha duración trimestral e realízase unha vez o alumno aproba todos os módulos do Ciclo excepto o de Proxecto de Animacións 3D, xogos e contornas interactivos, que se realiza simultaneamente.

A intención é introducirse no mundo laboral para aprender o fluxo de traballo, asentar os coñecementos aprendidos anteriormente e adquirir aqueles novos propios do posto que se ocupe.

O número de empresas e ámbito que ocupan estas van variando cada ano dependendo do estado económico do sector, que é bastante inestable. En principio, os convenios que se realizaron estiveron enmarcados dentro de Galicia.

esquina de folio dobrado
icona de FCT
É importante saber...

Requírese do alumno actitude de traballo e responsabilidade no labor do seu labor segundo indicacións da empresa.

O titor realizará visitas dentro da contorna laboral ao longo do trimestre no que se realicen as prácticas.