esquina de folio dobrado
icona de proxecto
Proxecto de animacións 3D, xogos e contornos interactivos (Proxecto)

Este módulo realízase durante o transcurso das prácticas. Consiste na elaboración dun proxecto que aúne o aprendido en cada un dos módulos que compoñen o Ciclo. Por tanto, estamos ante a formulación teórica dun gran proxecto do que realizaremos, ademais, unha parte práctica.

Para enfrontarse a el, o titor do módulo impartirá unha clase explicativa na que sentarán as bases para a realización dun anteproxecto que terá que ser aprobado por un Tribunal. Despois, entregaranse os apartados e puntos específicos que haberá que tocar para a realización do mesmo.

Cada alumno contará cun titor individual ao que lle irá realizando as entregas pertinentes e expoñendo as dúbidas para ir guiando o traballo.

Ao final, o alumno presentará e defenderá o seu proxecto ante un Tribunal constituído por profesores do Ciclo e que avaliarán de forma conxunta o traballo realizado.

esquina de folio doblado
icono de proyecto
É importante saber...

Dado que o proxecto fin de Ciclo realízase á vez que as prácticas, necesítase unha boa xestión do tempo. Dende a titoría do módulo exponse un calendario de traballo non obrigatorio, pero aconsellable para ir avanzando nas etapas do proxecto sen que supoñan unha carga excesiva.

O traballo deste módulo realízase ao 100% co computador. Sería conveniente dispoñer dun equipo en casa; así como de acceso a Internet.