esquina de folio doblado
icono de pjei
Proxectos de xogos e contornos interactivos (PXCI)

A intención deste módulo é a realización dun proxecto práctico interactivo por equipos coa correcta formulación teórica.

Empezaremos pola aprendizaxe de como se expón un proxecto deste tipo sobre o papel e como se empeza a traballar de maneira práctica: establecemento de calendarios, metas, obxectivos de cada fase, función de cada membro do equipo, oco no mercado...

Posteriormente, empezaremos a desenvolvelo de forma práctica por equipos seguindo as liñas establecidas na documentación anterior. Por último, faremos as valoracións adecuadas ante o resultado.

Ao ser un módulo con pouca carga horaria, necesita máis traballo fose da aula que nela para conseguir o obxectivo final. Por esta mesma razón, o traballo realízase de forma grupal.

esquina de folio doblado
icono de pjei
É importante saber...

Requírese do alumno actitude de traballo e responsabilidade no labor do seu cometido dentro do equipo, posto que estas afectarán o desenvolvemento do proxecto.

Sería conveniente dispoñer dun equipo en casa co que estudar e completar tarefas; así como de acceso a Internet para poder traballar cun controlador de versións.

esquina de folio doblado
icono de pjei
Galería
xogo de obstáculos tres en raia xogos de coches e de cores xogo de obstáculos puzle