esquina de folio dobrado
icona de rpmi
Realización de Proxectos Multimedia Interactivos (RPMI)

RPMI é a única materia práctica deste Ciclo que non ten que ver cun proceso 3D. Con todo, dado o estado do sector industrial nestes momentos, é a que permite unha saída profesional inmediata, fácil e individual. É recoñecida a necesidade dun grupo de persoas para realizar contidos 3D (películas de animación, videoxogos) se non se quere alongar o proxecto no tempo; pero é factible a realización dun proxecto multimedia en solitario con grandes posibilidades de éxito. O estudo deste módulo permite unha rápida inserción laboral.

Nesta materia, faise unha incursión no ámbito laboral para actualizar os obxectos de aprendizaxe tendo en conta o continuo cambio ao que ven sometidos. Antes, unha páxina "web" e un CD-ROM considerábanse os produtos estrela multimedia. Hoxe en día, case todo o que nos rodea ofrece unha interacción ao usuario cunha clara intención de entretemento e formación: currículos interactivos, pantallas táctiles, documentos interactivos, revistas electrónicas, gráficos interactivos,...

Polo tanto, a intención é realizar tres produtos claramente diferenciados coincidentes con cada trimestre e pequenos produtos de transición entre un e outro.

Ao ser un módulo eminentemente práctico, a metodoloxía de traballo será a realización continua de exercicios para aprender os procesos coas seguintes intencións:

1) Repetición do código de programación visto en clase para enfrontarse ás equivocacións de quen escribe por primeira vez linguaxe informática.

2) Aprendizaxe do proceso.

3) Investigación ante a modificación do código para unha aprendizaxe individual.

4) Inspiración para futuros proxectos.

5) Realización de proxectos.

esquina de folio dobrado
icona de rpmi
É importante saber...

É interesante ter un gusto estético e compositivo para poder realizar os produtos tendo en conta o público ao que van dirixidos; é dicir, facer que as cores e a tipografía, así como a colocación dos elementos na interface sexan adecuados aos usuarios que van interactuar.

Requírese capacidade de traballo.

Neste módulo ensínase linguaxes informáticas. Non é obrigatorio nin se require, pero o coñecemento de calquera tipo de linguaxe axuda á comprensión e asimilación dos conceptos de forma máis rápida.

O traballo deste módulo realízase ao 100% co computador. Sería conveniente dispoñer dun equipo en casa co que estudar e completar tarefas; así como de acceso a Internet.

esquina de folio dobrado
icona de rpmi
Galería
interactivo sobre por que temos febre páxina web personal interactivo sobre como funcionan as mareas interactivo sobre por que xiran os planetas ao redor do sol interactivo sobre por que non se cae a lúa