esquina de folio dobrado
icona de dcim
Desenvolvemento de contornos interactivos multidispositivo (DCIM)

Ninguén dubida de que o sector do videoxogo e das aplicacións para dispositivos móbiles non para de crecer. A proxección deste sector é inmensa. En Galicia, con todo, este sector está exposto na supervivencia de pequenas e medianas empresas.

Partindo desta base, enfrontámonos ante unha materia na que non imos xogar nin a crear en 2D nin en 3D, senón na que imos crear xogos e aplicacións. Iso ponnos ante a aprendizaxe dunha linguaxe de programación que empregaremos para tal fin.

É o momento de poñer os obxectos 2D e 3D nun motor de videoxogos e darlle forma ás interaccións que fai que o usuario teña unha experiencia de entretemento e/ou formación.

O módulo contén un amplo temario polo que o ritmo de ensino e asimilación é rápido. Ao final, o alumno entregará un proxecto individual que aúne o aprendido durante o curso, ademais da realización das probas de avaliación pertinentes.

esquina de folio dobrado
icona de dcim
É importante saber...

O traballo deste módulo realízase ao 100% co computador. Sería conveniente dispoñer dun equipo en casa co que estudar e completar tarefas; así como de acceso a Internet.

Non é obrigatorio nin se require, pero o coñecemento de física e trigonometría axuda á comprensión e asimilación dos comportamentos dos obxectos e ao cálculo de distancias.

O dominio de inglés nun nivel intermedio facilita a ampliación de información. Este sector ten unha proxección internacional. Os motores de videoxogos que se empregan no mercado están en inglés e a súa documentación está neste idioma. É raro atopar información de calidade noutra lingua distinta a esta.

esquina de folio dobrado
icona de dcim
Galería
runner espacial runner xogo de baloncesto xogo de naves espaciais rpg